17.4.07

Volvemos non polos cartos, senón polos fans.

Despois de tomada a medicación correspondente, facer terapia con un profesional e facerlle caso a unha enchenta de peticións (grazas carrabouxo), decidimos retomar esta bitácora á espera da próxima recaída. Dixo o psiquiatra que se trata de recuar para tomar impulso (menos mal que o paga o seguro).
Din as marmuradoras que as altas instancias dan por rematada a tempada de man dura e que están moi arrepentidas e tal. E que si nos parecen ben, que quedamos en facer unhas convivencias para que haxa entre todos bo rollito.
Seica un fixo proposta de facer tod@s o Camiño de Santiago. Que é moi bonito e de paso enchoupámonos de cultura do país. A min paréceme ben, sempre que comece dende o sitio deste vídeo, non haxa que nadar polo mar de fóra e se poda escoller a compaña.

4 comentários:

Anónimo disse...

Podemos facer o camiño, non sei se o de Santiago. En todo caso, historias hai que contan que hai quen non chega a ver o Monte do Gozo...

FrancisMR disse...

Ben por ti, por volver con novas ansias!!!!

besbe disse...

ei eu vou facer o camiño dende o cebreiro creo esta ponte de maio, igual nos atopamos no camiño, é unha actividade de traballo e a ver se non son eu unha das que non chega ao Monte do Gozo, e nada de liscar eh?

cerrepiache disse...

P.: insistimos. Si comezamos dende o sitio do vídeo, o Monte do Gozo vai ser tontería.

Carraboujo: levabamos un tempiño "inapetentes". Iso merma moito. Grazas pola rebenvida.

Besbellinha: se foses con quen propuxo a idea, liscabas antes de chegar a Sarria ;)