31.5.07

Mala educación.

Desculpade. Somos unhas maleducadas. Andamos a dedicar iutubes á xente e despois claro, os anónimos comentaristas se nos rebotan e con razón. Pois vendo si se pode amañar o imperdoable xesto, dedicamos este iutube ao anónimo que nos comentou no anterior post e que nos fixo caer na conta do noso suspenso en boas maneiras. Procuraremos recuperar.

29.5.07

Dedicatorias

Estes van dedicados a esas persoas que se portan tan ben con nós. Seguro que non saben deste blogue nin nada pero nós dedicámosllos igual.



21.5.07

Temos unha empanada...

Que susto levamos, mi madriña. Perdéramos todos os users e os passwords por culpa dun pincho (coma di un que eu sei) en mal estado. Menos mal que temos outro que é moitomellorondevaiparar que se chama libreta e que por falta de uso esqueceramos tamén a súa localización. Hoxe á tarde demos con ela e levamos unha alegría porque "te había buena que no escribíamos en el dietario" e a xente xa se ía preocupando. En fin, bueno, en fin.

Seguro que xa coñecedes esta curta, pero ímola poñer aquí porque como houbo empanada o outro día lembramos nela. Toda unha referencia do cine erótico galego onde queira que se atope. Sabia mistura de actores curtidos e novas promesas. Producida por Canle Nius, produtora moi recoñecida tamén na recuperación de documentais que amosan a vida cotiá das vilas mariñeiras.