31.5.07

Mala educación.

Desculpade. Somos unhas maleducadas. Andamos a dedicar iutubes á xente e despois claro, os anónimos comentaristas se nos rebotan e con razón. Pois vendo si se pode amañar o imperdoable xesto, dedicamos este iutube ao anónimo que nos comentou no anterior post e que nos fixo caer na conta do noso suspenso en boas maneiras. Procuraremos recuperar.

10 comentários:

Anónimo disse...

Uf, ahora si que non sei se ofenderme...

cerrepiache disse...

Agardamos que non te ofendas. Fixémolo de bo rollito. A que che limpa non se ofendería pero unha palabra túa abondará para suprimir o post.
É que pareceunos un resquemor pero seguro que o interpretamos mal. Perdóanos.

Anónimo disse...

Nada, nada de suprimilo. A que limpa non se vai enterar pero eu agardaba algo máis persoal, ata mantiven a esperanza de que quedase desvelado, e só para vós, o meu anonimato.
Está ben así.

A pirámide disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
A pirámide disse...

Perdoade si me meto. Escribín algo antes pero vexo que hai algo de "feeling" aquí e mellor non interrumpo.
Adeus e que vai ben.

cerrepiache disse...

A ver, anónima. Paréceche bonito a que andas liando? Mira o que andan pensando de nós por aí. Que unha ten mozo, fai o favor.
Perdonaquechodija, pero eres unha envolvedora e unha averijuada.
;D

Anónimo disse...

Creo que a culpa non é miña. Revisa os teus comentarios e verás como non é miña.
Ai, canta susceptibilidade!!!!
Marcho correndo.

Anónimo disse...

Mira como se animou este blog!!!!

cerrepiache disse...

Xa eran horas. Estabamos dun mustio...

Anónimo disse...

Aínda me ides ter que dar as grazas (ja, ja, ja, ja)