20.4.07

Dilemas de primavera.

Parece que a primavera chegou a estes lares. E de que maneira. O sol xa quenta e co calor as hormonas piden liberarse. E coas hormonas a imaxinación.
Andan as nosas amigas de tevabuena enganchadas a un dilema ao que lle dedican un par de entradas, unha chea de comentarios e unha enquisa. Que é o que se prefire como roupa interior masculina. As escollas imaxínanse seguindo varios criterios (todos eles perfectamente aceptables): comodidade, sensualidade, estética, pudor, horterismo, ...
Na enquisa onde se fai a escolla parece que a roupa interior masculina preferida é ningunha. É dicir, que se prefire que o bando masculino vaia polo mundo coa colloada (con perdón) liberada. Pero que pasou aquí? As hormonas. Esas benditas hormonas que rebulen o que teñen que rebulir e a quen non lle rebulan é que non ten... hormonas.
En cerrepiache é causa de contento ver que a imaxinación vai a máis e que iso conleva actividade extralaboral en horario laboral. Todo o que sexa transgredir ten que ser bo.
No que respecta ao dilema que ocupa a tevabuena, cerrepiache recomenda métodos científicos para emitir unha opinión válida. Iso si, o que digan as hormonas vai a misa.



17.4.07

Volvemos non polos cartos, senón polos fans.

Despois de tomada a medicación correspondente, facer terapia con un profesional e facerlle caso a unha enchenta de peticións (grazas carrabouxo), decidimos retomar esta bitácora á espera da próxima recaída. Dixo o psiquiatra que se trata de recuar para tomar impulso (menos mal que o paga o seguro).
Din as marmuradoras que as altas instancias dan por rematada a tempada de man dura e que están moi arrepentidas e tal. E que si nos parecen ben, que quedamos en facer unhas convivencias para que haxa entre todos bo rollito.
Seica un fixo proposta de facer tod@s o Camiño de Santiago. Que é moi bonito e de paso enchoupámonos de cultura do país. A min paréceme ben, sempre que comece dende o sitio deste vídeo, non haxa que nadar polo mar de fóra e se poda escoller a compaña.

10.4.07

Unha excepción.

Xa sabemos en cerrepiache que o fin último deste blog era o de dar descanso aos miolos para centrarse (ou desconcentrarse) en imaxinacións pracenteiras con animo de favorecer o desconertamiento do quefacer diario.
É por iso que a este post titulámolo "Unha excepción" por dúas razóns:
  • Pola despedida dun dos blogs máis interesantes que apareceu no blogomillo nos últimos tempos: estamos a falar de "Caixa do Mendinho". Toda unha perda irreparable e que recomendamos visitar encarecidamente.
  • Por incidir especialmente no seu post Adultescentes, que non fai precisamente máis alegre a nosa vida pero que recrea perfectamente os medos que algunha vez nos asaltaron.
Vendo o clima de pesimismo que nos invade e constatado que este blog falla nos seus obxectivos, debemos considerar a súa desaparición non sen antes facer recomendacións futuras doutras bitácoras que cumplan co que nós non soubemos facer (a moreas hai por aí).