20.4.07

Dilemas de primavera.

Parece que a primavera chegou a estes lares. E de que maneira. O sol xa quenta e co calor as hormonas piden liberarse. E coas hormonas a imaxinación.
Andan as nosas amigas de tevabuena enganchadas a un dilema ao que lle dedican un par de entradas, unha chea de comentarios e unha enquisa. Que é o que se prefire como roupa interior masculina. As escollas imaxínanse seguindo varios criterios (todos eles perfectamente aceptables): comodidade, sensualidade, estética, pudor, horterismo, ...
Na enquisa onde se fai a escolla parece que a roupa interior masculina preferida é ningunha. É dicir, que se prefire que o bando masculino vaia polo mundo coa colloada (con perdón) liberada. Pero que pasou aquí? As hormonas. Esas benditas hormonas que rebulen o que teñen que rebulir e a quen non lle rebulan é que non ten... hormonas.
En cerrepiache é causa de contento ver que a imaxinación vai a máis e que iso conleva actividade extralaboral en horario laboral. Todo o que sexa transgredir ten que ser bo.
No que respecta ao dilema que ocupa a tevabuena, cerrepiache recomenda métodos científicos para emitir unha opinión válida. Iso si, o que digan as hormonas vai a misa.



4 comentários:

Anónimo disse...

Ai, non sei se é a primavera, e con ela as hormonas, pero que sería do mundo e deste noso reduto compartido se non houbera un chisquiño de sentido do humor!!!Trátase de elixir entre rir ou chorar. Quedamos coa primeria.

FrancisMR disse...

Ei, Cerrepiache, segues viv@?

Anónimo disse...

Cala,anda, cala. Perdín os usuarios e contrasinais de todo. Mecajo nos pendraif!

Cerrepiache.

FrancisMR disse...

Jooooooooooooooooooooooooooo