21.5.07

Temos unha empanada...

Que susto levamos, mi madriña. Perdéramos todos os users e os passwords por culpa dun pincho (coma di un que eu sei) en mal estado. Menos mal que temos outro que é moitomellorondevaiparar que se chama libreta e que por falta de uso esqueceramos tamén a súa localización. Hoxe á tarde demos con ela e levamos unha alegría porque "te había buena que no escribíamos en el dietario" e a xente xa se ía preocupando. En fin, bueno, en fin.

Seguro que xa coñecedes esta curta, pero ímola poñer aquí porque como houbo empanada o outro día lembramos nela. Toda unha referencia do cine erótico galego onde queira que se atope. Sabia mistura de actores curtidos e novas promesas. Producida por Canle Nius, produtora moi recoñecida tamén na recuperación de documentais que amosan a vida cotiá das vilas mariñeiras.

5 comentários:

Anónimo disse...

Estou que non durmo e hasme desculpar, pero estou intrigadísima. Daría algo por saber quen es, Cerrepiache!!!!

cerrepiache disse...

Miña querida P.:
Todo ao seu tempo. De todas maneiras, estarás de acordo comigo que coñecer a nosa identidade suporía o peche inmediato deste blog. Non tería sentido, non si?
Cerrepiache agradece o teu interese e pide desculpas polo teu insomnio.

Anónimo disse...

Nin unha pista?

cerrepiache disse...

Déixate de pistas e ponte a estudiar que é o que facemos todas.

Anónimo disse...

Estudar???? Ja, ja, ja!!!!