10.4.07

Unha excepción.

Xa sabemos en cerrepiache que o fin último deste blog era o de dar descanso aos miolos para centrarse (ou desconcentrarse) en imaxinacións pracenteiras con animo de favorecer o desconertamiento do quefacer diario.
É por iso que a este post titulámolo "Unha excepción" por dúas razóns:
  • Pola despedida dun dos blogs máis interesantes que apareceu no blogomillo nos últimos tempos: estamos a falar de "Caixa do Mendinho". Toda unha perda irreparable e que recomendamos visitar encarecidamente.
  • Por incidir especialmente no seu post Adultescentes, que non fai precisamente máis alegre a nosa vida pero que recrea perfectamente os medos que algunha vez nos asaltaron.
Vendo o clima de pesimismo que nos invade e constatado que este blog falla nos seus obxectivos, debemos considerar a súa desaparición non sen antes facer recomendacións futuras doutras bitácoras que cumplan co que nós non soubemos facer (a moreas hai por aí).

2 comentários:

FrancisMR disse...

Cerrepiache, agardamos que aínda esteas aí e que reconsideres a túa marcha. Nós somos fieis e devotos visitantes deste espazo e lamentariamos que desaparecese sen máis.
Para nós si cumpriu a súa misión e desexariamos que os ánimos se renoven e volva o optimismo.
Non marches, que non imos poder con tanta despedida.

Xosé Manuel Carreira disse...

un dos blogs máis interesantes que apareceu no blogomillo nos últimos tempos Non se teño dereito a porme de cor vermella, mas é un pouco esaxerado, o meu blog non se podería ter comparado, por exemplo, ao de Suso Lista, o de Marcos Valcárcel, o de Débora Campos... e moitos outros mellores do que a miña vella caixa.