28.3.07

Outro que quería relax.


A illa lacustre de Innisfree

Poreime en camiño agora para ir a Innisfree
onde construirei unha pequena cabana
con arxila e caínzos;
nove ringleiras de xudías verdes terei alí,
e un panal para as avellas do mel,
e vivirei só no claro onde resoan os seus zumbidos.
E alí gozarei de paz, pois a paz chega paseniñamente
e cae dos vellos mananciais ao lugar onde cantan os grilos.
Alí a medianoite é unha luz trémula,
o mediodía é un brillo purpúreo,
e a tarde énchea o bater as ás dos pardais.
Poreime en camiño agora
pois non deixo de oír noite e día,
batuxadas na auga do lago con sons graves na beira.
Cando estou no camiño ou sobre a calzada gris
óioas no fondo do meu corazón.

(William Butler Yeats)

2 comentários:

besbe disse...

Non sei por que en vez de Innisfree lía Finisterre, non sei por que.

Alí o vento sopla fresco e a tarde énchea o vermello do solpor, esa confusión tróuxome moi bos recordos.

cerrepiache disse...

Besbe, eu tamén sei dun que confunde, cousas, lugares e persoas.