7.3.07

Mecagoendiosla! Vou facer Tai Chi.



Tai chi. Un invento caralludo para soltar mala hostia. Na China faise antes de entrar a traballar. Os americanos fano na hora do almorzo (despois da hamburguesa). Os italianos (1ª foto) á noitiña e os holandeses (2ª foto) pola mañá. Eu probeino e ben. Non é difícil, vale calquera sitio e faise no que se tarda en fumar un petillo. Algúns din que é unha ximnasia para vellos, que o que mola é o step e a batuka. Que saberán eles. Andamos mirando que figure no convenio o dereito do persoal a interromper ipsofactamente calquera actividade laboral para practicar tai chi por motivos de mala hostia acumulada, incidindo nas situacións nas que deixar ao xefe ou xefa coa palabra na boca sexa imprescindible. Aí si que se ía notar a soidade do poder.

4 comentários:

Anónimo disse...

Vale, pero só de 11 a 11:30 e por turnos.

besbe disse...

Eu propoño facer pausas na práctica do tai-chi para ir a traballar. O horario de 11 a 11:30 paréceme ben.

cerrepiache disse...

De 11 a 11.30 non se pode. É horario de café. Isto é parte do melloramento físico e mental do traballador que os xef@s xa se encargan trasconexar. A non ser que sexan os xef@s os que fagan unhas sesións de tai chi. Así os traballadores teñen unhas de risoterapia.

Anónimo disse...

Ai, é verdade, nesa media hora non se pode, que hai que tomar obrigatoriamente café.