30.3.07

Coma aves migratorias.


Moito me amola cando alguén con quen te levas ben se vaia de onda ti por forza maior. Iso ocorre máis a miúdo do que unha quixese. Agora sei o que lle pasa aos pais que non queren que os seus fillos medren porque así son felices. Isto ven sendo algo parecido. Estamos todas tan felices así xuntiñas que cando nos desfán o chiringuito tés unha tristeza infinita. Négaste a asumilo porque é unha parte da túa felicidade a que te quitan. Agardas ata o último instante para expresar as penas e as glorias pregando un sinal do ceo que revire o inevitable. E despois veñen as firmes e solemnes promesas de amizade inquebrantable, de interminables cafés, de eternas chamadas de confidencias e de inxeniosas chiscadelas de ollo nas entradas do blog. E así será para sempre, aínda que un cacho da nosa vida remate. Un cacho feliz que xa ninguén poderá borrar da nosa memoria.

28.3.07

Outro que quería relax.


A illa lacustre de Innisfree

Poreime en camiño agora para ir a Innisfree
onde construirei unha pequena cabana
con arxila e caínzos;
nove ringleiras de xudías verdes terei alí,
e un panal para as avellas do mel,
e vivirei só no claro onde resoan os seus zumbidos.
E alí gozarei de paz, pois a paz chega paseniñamente
e cae dos vellos mananciais ao lugar onde cantan os grilos.
Alí a medianoite é unha luz trémula,
o mediodía é un brillo purpúreo,
e a tarde énchea o bater as ás dos pardais.
Poreime en camiño agora
pois non deixo de oír noite e día,
batuxadas na auga do lago con sons graves na beira.
Cando estou no camiño ou sobre a calzada gris
óioas no fondo do meu corazón.

(William Butler Yeats)

13.3.07

O seguro médico coida de ti.


Seica hai un seguro médico do que so vou dicir que empeza por "sani" e acaba por "tas" que se fai cargo disto. Mecajonaseguridadsocial!

7.3.07

Mecagoendiosla! vou facer Tai Chi (versión iutubeira).

Para @s que teñan banda longa e libre de administradores de rede, o post do Tai Chi na versión do tubo.

Mecagoendiosla! Vou facer Tai Chi.



Tai chi. Un invento caralludo para soltar mala hostia. Na China faise antes de entrar a traballar. Os americanos fano na hora do almorzo (despois da hamburguesa). Os italianos (1ª foto) á noitiña e os holandeses (2ª foto) pola mañá. Eu probeino e ben. Non é difícil, vale calquera sitio e faise no que se tarda en fumar un petillo. Algúns din que é unha ximnasia para vellos, que o que mola é o step e a batuka. Que saberán eles. Andamos mirando que figure no convenio o dereito do persoal a interromper ipsofactamente calquera actividade laboral para practicar tai chi por motivos de mala hostia acumulada, incidindo nas situacións nas que deixar ao xefe ou xefa coa palabra na boca sexa imprescindible. Aí si que se ía notar a soidade do poder.