30.3.07

Coma aves migratorias.


Moito me amola cando alguén con quen te levas ben se vaia de onda ti por forza maior. Iso ocorre máis a miúdo do que unha quixese. Agora sei o que lle pasa aos pais que non queren que os seus fillos medren porque así son felices. Isto ven sendo algo parecido. Estamos todas tan felices así xuntiñas que cando nos desfán o chiringuito tés unha tristeza infinita. Négaste a asumilo porque é unha parte da túa felicidade a que te quitan. Agardas ata o último instante para expresar as penas e as glorias pregando un sinal do ceo que revire o inevitable. E despois veñen as firmes e solemnes promesas de amizade inquebrantable, de interminables cafés, de eternas chamadas de confidencias e de inxeniosas chiscadelas de ollo nas entradas do blog. E así será para sempre, aínda que un cacho da nosa vida remate. Un cacho feliz que xa ninguén poderá borrar da nosa memoria.

3 comentários:

FrancisMR disse...

Pois fotosíntese ou eu que sei!
O caso é que é ben sintomático que esta marcha xerase tal revoo de sentimentos.

besbe disse...

Veño de xunto o carraboujo e supoño que falades da mesma persoa. Hoxe tamén me enterei que unha boa amiga ten que marchar, tamén por forza maior e uff dame unha pena enorme e medo a que a distancia faga estragos.

De xeito distinto pero na mesma situación acompáñovos no sentemento.

Marinha de Allegue disse...

Gústame confiar nos vínculos establecidos e se cadra é unha boa oportunidade para que medren eses e florezan outros.

Unha aperta.
:)

P.D Acabo de descubrir este espazo.