15.6.07
8.6.07
Imos pechando.
Parece que unha anónima nos ten identificadas. Isto vai ter que pechar.
De todas maneiras, agradecémoslle que nolo fixera saber porque así nós tamén sabemos quen é ela. Parécenos que anda un pouco necesitada de unidades didácticas a ver si por aí a damos convencido para que cale a boquiña e poidamos manter o chiringuito aberto polo menos ata o 23. Despois xa tanto ten.
E para rematar, un pouco de "buen rollito".
"Love Shack is a little old place where we can get together." Clavadiño.

31.5.07
Mala educación.
Desculpade. Somos unhas maleducadas. Andamos a dedicar iutubes á xente e despois claro, os anónimos comentaristas se nos rebotan e con razón. Pois vendo si se pode amañar o imperdoable xesto, dedicamos este iutube ao anónimo que nos comentou no anterior post e que nos fixo caer na conta do noso suspenso en boas maneiras. Procuraremos recuperar.
29.5.07
Dedicatorias
Estes van dedicados a esas persoas que se portan tan ben con nós. Seguro que non saben deste blogue nin nada pero nós dedicámosllos igual.
21.5.07
Temos unha empanada...
Que susto levamos, mi madriña. Perdéramos todos os users e os passwords por culpa dun pincho (coma di un que eu sei) en mal estado. Menos mal que temos outro que é moitomellorondevaiparar que se chama libreta e que por falta de uso esqueceramos tamén a súa localización. Hoxe á tarde demos con ela e levamos unha alegría porque "te había buena que no escribíamos en el dietario" e a xente xa se ía preocupando. En fin, bueno, en fin.
Seguro que xa coñecedes esta curta, pero ímola poñer aquí porque como houbo empanada o outro día lembramos nela. Toda unha referencia do cine erótico galego onde queira que se atope. Sabia mistura de actores curtidos e novas promesas. Producida por Canle Nius, produtora moi recoñecida tamén na recuperación de documentais que amosan a vida cotiá das vilas mariñeiras.

20.4.07
Dilemas de primavera.
Parece que a primavera chegou a estes lares. E de que maneira. O sol xa quenta e co calor as hormonas piden liberarse. E coas hormonas a imaxinación.
Andan as nosas amigas de tevabuena enganchadas a un dilema ao que lle dedican un par de entradas, unha chea de comentarios e unha enquisa. Que é o que se prefire como roupa interior masculina. As escollas imaxínanse seguindo varios criterios (todos eles perfectamente aceptables): comodidade, sensualidade, estética, pudor, horterismo, ...
Na enquisa onde se fai a escolla parece que a roupa interior masculina preferida é ningunha. É dicir, que se prefire que o bando masculino vaia polo mundo coa colloada (con perdón) liberada. Pero que pasou aquí? As hormonas. Esas benditas hormonas que rebulen o que teñen que rebulir e a quen non lle rebulan é que non ten... hormonas.
En cerrepiache é causa de contento ver que a imaxinación vai a máis e que iso conleva actividade extralaboral en horario laboral. Todo o que sexa transgredir ten que ser bo.
No que respecta ao dilema que ocupa a tevabuena, cerrepiache recomenda métodos científicos para emitir unha opinión válida. Iso si, o que digan as hormonas vai a misa.

17.4.07
Volvemos non polos cartos, senón polos fans.
Despois de tomada a medicación correspondente, facer terapia con un profesional e facerlle caso a unha enchenta de peticións (grazas carrabouxo), decidimos retomar esta bitácora á espera da próxima recaída. Dixo o psiquiatra que se trata de recuar para tomar impulso (menos mal que o paga o seguro).
Din as marmuradoras que as altas instancias dan por rematada a tempada de man dura e que están moi arrepentidas e tal. E que si nos parecen ben, que quedamos en facer unhas convivencias para que haxa entre todos bo rollito.
Seica un fixo proposta de facer tod@s o Camiño de Santiago. Que é moi bonito e de paso enchoupámonos de cultura do país. A min paréceme ben, sempre que comece dende o sitio deste vídeo, non haxa que nadar polo mar de fóra e se poda escoller a compaña.

Subscrever:
Mensagens (Atom)