28.2.07

Desenchufen, bíquen, enchufen (e non é alemán).

Seica os homes pensan no sexo en todo momento e as mulleres unha vez ao día. Estes científicos... Porque a ver, a quen non lle apetece isto... xa! Só falta dar coa persoa axeitada.
No choio augúrase unha gran acumulación de feromonas. O día que estoupe todo...
A foto está xa moi manida pero algo aínda remexe, non si?

26.2.07

E onde vai a máquina do café?


Andan mirando de facer algúns cambios na sala onde tomamos o café... Eu non sei. Alá eles.

21.2.07

Second life na cabeza

Quen non estivo algunha vez farto ou farta do choio e, nun pequeno lapsus de concentración, púxose a matinar nun lugar de traballo mellor. Non unha desas multinacionais tecnolóxicas nas que teñen futbolín, gardería de nenos e homes, e os venres á noite un boy pagado pola empresa. Nada diso. Falamos de imaxinar ao grande. Falamos dun second life laboral. Choiar no que a un lle gusta nun lugar paradisíaco que nindiola. E o salario que nindiola, que nindiola. Un sitio onde non hai que facerlle as fotocopias ao xefe ou xefa nin facer horas de máis para que non nos bote un responso inaturable
E dirá alguén: que carallo! Para iso xa está o second life. E ten razón. Pero, que foi da second life que xeneran os nosos miolos? Abonda cunha pequena suxerencia visual, textual ou auditiva para facernos toda unha vida sen conexións de banda longa e iso non hai administrador de rede que cho impida.
Cerrepiache quere fomentar o uso do maxín con afán de mellorar a saúde mental e imaxinativa das traballadoras e traballadores que precisen un descanso da realidade en pequenas doses de 25 miligramos. Para máis información consulte este blog, en comentarios.